O secretario xeral para o Deporte visita aos deportistas que se adestran no Centro Galego de Vela en Vilagarcía
Pontevedra, 9 de xullo de 2013.- O
secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe o
Centro Galego de Vela en Vilagarcía, onde se adestran os deportistas
galegos que tras a súa clasificación por Ránking Nacional, participarán
no Campionato do Mundo Xuvenil ISAF de Chipre do 12 ao 21 de xullo, no
Campionato do Mundo Absoluto de Valencia e no Campionato Europeo Xuvenil
en Gales do 14 ao 22 de agosto, con fin de darlle ánimos.
José Ramón Lete Lasa estivo acompañado do Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole; do Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida; do Presidente da Federación Galega de Vela (FGV), Manuel Villaverde; e do Director técnico da FGV, Alberto García Villar.
Os regatistas da selección galega 420 encóntranse concentrados no CGV desde a primeira semana de xullo, onde levan a cabo a preparación para os Mundiais e Europeo.
Pedro Martínez e Luis Bugallo do Liceo Casino de Vilagarcía, participarán nos tres campionatos, cubrindo a única praza Española para o Campionato do Mundo Xuvenil ISAF.
Adrián Domínguez e Calixto Abalo asistirán ao campionato de Europa
Xuvenil en Gales, sendo o segundo barco dos tres que se clasifican por
País e tamén ao campionato do Mundo Absoluto que se celebrará en
Valencia entre o 22 e o 31 de xullo, xunto con Andrés Álvarez e Sergio
Rodríguez, ambos barcos pertencentes tamén ao Liceo Casino de
Vilagarcía, e outros dous barcos do RCN de Portosín patroneados por
Pablo Ávilo e Alicia Ávila xunto con Antón Calo e Carmen Martínez
respectivamente.