About Me

SEN PROBAS NA COPA DE ESPAÑA 420

O vento ausentouse na primeira xornada da Copa de España, os partes son bastante malos para os seguintes días.
O comite de regatas o intentou de todalas maneiras posibles, estando no mar desde as 11 da mañá ata as catro da tarde, tiverón ao longo de ese tempo unha presión máxima de 4 nos.
Os regatistas empregaron o día para preparar un pouco mais o material ademais de facer actividades alternativas como xogar ao Padel.
A organización do Campionato sigue sendo un gran anfitrión organizando un campionato de padel despois de mandar aos regatistas a suas casas para descansar. Para sorpresa para todolos regatistas, o comite organizador anunciou unha festa no hotel da regata, a cal os compoñentes do equipo galego non asistirán, para poderen descansar.
Hoxe recibimos a visita dun equipo da televisión española, que grabaron os barcos en directo para o programa "las mañanas de la 1". Os barcos que sairon "a frotar" para ser grabados, recibiron un premio de unha sesión de SPA no hotel de catro estrelas Juan Montiel.
Mañá comezarán as probas unha hora antes, debido a un cambio no TOA, para que pódase aproveitar mais a xornada do sábado.