About Me

O EQUIPO GALEGO DE 420 CHEGA A AGUILAS





Os integrantes da Selección Galega da clase 420 composta polas tripulacions: Patricia Suarez- Pilar Amaro, Pedro Martinez- Luis Bugallo e Pablo Avila- Antón Calo, e coas tripulacións da clase 420 galica composta por: Carlos Castelao- Jorge Lorenzo, chegarón a Murcia o luns, acudindo directamente ao club para deixar as embarcacións, indo despois a cear e aos apartamentos co fin de descansar para o día seguinte poder adestrar con forza.

O martes dedicaron o día a montaxe das embarcacións e probar o material, a tripulación feminina de Patricia e Pilar non puideron navegar xa que a reparación que fixerón na embarcación a semana pasada volveuse a estropear teñendo que ir o mercores a un astillero co fin de reparalo. As condiciones no mar foron bastante boas xa que houbo un día soleado cun vento do 190 rematando no 210 cunha intensidade de vento entre 8 e 12 nudos, a maior parte do tempo dedicouse o tempo a probas de velocidade e adaptacion ao campo.

O mercores incorporase a adestrar a tripulación feminina composta por Nieves Lorente e Victoria Gracia- Lastra




Mercores 7 de decembro a Selección Galega foi as 9 da mañá ao clube co fin de preparar todolos barcos para poder adestrar, Patricia Suarez reparo el barco terminandolo a las 8 da tarde, mañá probarase o barco ademais de medir, para ver que todo vai ben.
No auga houbo unhas boas condicions cun vento de 6 nudos no que no principio do adestramento viño Hugo Rocha na neumatica para ver uns Spis e un xogo compreto de velas, a direccion do vento viña do 125.
Hoxe celebrouse tamen o cumpreaños dun dos regatistas, Jorge Lorenzo ( Coki) ao que lle desexamos dende o Centro Galego un feliz cumpreanos.

Xoves 8 día de medición, todolos galegos a pasaron sin ningun problema e temos que felicitar a organizacion polo rápido que fixeron todo.
Sobre as 15 horas as embarcacions galegas sairon o mar, inclusive os recien chegados, o Equipo de Portosin, cun vento moi frouxo pero que permitiunos probar o material e un pouco de velocidade.
Unha gran noticia a destacar neste día xa que o Barco de Pati al fin está reparado!!!
Pola noite houbo a cena de Gala e presentación do evento, moitas gracias por esa magnifica cena e a gran organización do Campionato.