About Me

Último día en Maubuisson.

GRAN PRIX D ´ARMISTICE – Maubuisson.
Os equipos da Selección de Vela Novacaixagalicia, convocados pola Federación Galega de Vela participaron tamén este fin de semana no Gran Prix DÁrmistice que se celebrou en Maubuisson (Francia). A regata considerada de adestramento da pretemporada, tal e como aseguraba Alberto García, director do Centro Galego de Vela de Villagarcía, serviu aos representantes galegos para medir a súa forma física e por a proba a técnica. Así, entre os mellores resultados, tras disputar seis mangas cada categoría, consta o de Miguel Fernández, do Club Náutico de Oza "O Puntal" que lograba un oitavo na clase Finn. En 420 Pedro Martínez e Luís Bugallo, do RCN Vigo, coábanse na duodécima posición dun total de 108 embarcacións; mentres que os irmáns Andrés e Rafael Jiménez, do Real Club Náutico de Vigo-Club Náutico Rodeira de Cangas, na división de 470 remataron na 31ª posición, e César Conde, do Liceo Casino de Villagarcía, xunto ao balear Maciá Alemany -convocados pola Federación Española de Vela-, finalizaban no posto 22º nunha flota de 52 barcos contando con moi bos resultados parciais.
Bo adestramento para o 420 de cara a Copa de España do próximo mes de decembro en Murcia, e tamén para o 470 e Finn como preparación da tempada 2012 de clases olímpicas.

Enlace de RESULTADOS FINAIS http://www.cerclevoilebordeaux.com/regates/regates.htm