About Me

ADESTRAMENTOS EQUIPO NACIONAL MATCH RACE



O domingo 27 chegou a Cidade de Vilagarcía de Arousa o Equipo Preolímpico Español da clase Match Race Feminino, para comenzar a súa preparación para o Campionato de España da clase.
O adestramento estará dirixido por Antonio Otero e contará co equipo de Támara Echegoyen, actual Campiona de España e o equipo Subcampión encabezado por Silvia Roca.
O luns 28 dedicouse toda a mañá á montaxe dos Elliots 6.m para poder comenzar o adestramento o martes coa intención de facer duas sesións diarias ata o venres 4 de marzo.
Según o parte meteorolóxico toda a semana contarán cuns bos ventos do norte, polo que dende o CGV esperamos que teñan unha boa semana de adestramento.