About Me

ADESTRAMENTO 420


Este fin de semana tivo lugar o adestramento da clase xuvenil de 420, cunha asistencia de catro das cinco tripulacions convocadas, foron as seguintes:
- Nieves Lorente/ Pilar Amaro
- Patricia Suarez/ Victoria Garcia
- Carlos Castelao/ Jorge Lorenzo
- Daniel Alvarez/ Brais Pazó
- Rpi Rogel/ Borja Redondo ( non asisteron ao adestramento por exames).
O vento tivo unha importante presencia xa que fixo moitas travesuras.
O sabado amañeceu cunha espesa neboa e moi pouca intensidade cunha direccion do 20, ao mediodia quedouse totalmente o vento polo que tiveron que esperar aprovechando o tempo cunha clase teorica de posta apunto, ademais de charlas doutros aspectos tácticos, os regatistas tiverón que autoevaluarse, có fin de levar un control dos seus progresos, despois sobre as duas e media da tarde sairon a navegar ata as seis e media da tarde, sesión baseada na velocidade e na técnica tanto en ceñida como en Popa.
O domingo foi ainda mais raro, xa que amaneceu cun vento do Sur de 29 nudos e moita choiva, quedandose o Vento,xirando mais tarde o Norte, volvendose a quedar ao pouco ata que entrou as catro da tarde un vento do Sur de 30 nudos, polo que se fixo un repaso xeral ao reglamento con casos prácticos de protestas.