About Me

Chegada dos dous ELLIOT 6M O Centro Galego de Vela!


Botadura dos Elliot 6M no Centro Galego de Vela en Vilagarcía.


O día 30 de decembro chegaron o Centro Galego de Vela os dous barcos da nova modalidade olímpica de Match race Feminino, deseño neozelandés Elliot 6M. O transporte dende China levou cerca de 40 días e chegaron a Vilagarcía o día antes de fin de ano.
A componente do Equipo Preolímpico Español, a pontevedresa Tamara Echegoyen xunto co Equipo técnico da FGV adicaron estes primeiros días do ano para a montaxe e preparación dos barcos.
Hoxe 3 de xaneiro vai ser o 1º día de botadura así como adestramento ata o 5 de xaneiro. Este adestramento estará dirixido por Antonio Otero e contará coa tripulación de Tamara Echegoyen, Angela Pumariega e Sofía Toro e a tripulación portuguesa de Rita Gonsalves, Mariana Lobato e Diana Neves que foron convidadas pola Federación Galega de Vela para este primeiro clinic de Match Race Feminino en Vilagarcía coas embarcacións oficiais dos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Asemesmo cóntase coa participación do adestrador do equipo portugués Nuno Barreto, medallista olímpico na clase 470, regatista de Copa América e actualmente participa no Circuito Mundial masculino de Match Race co seu habitual patrón, Álvaro Marinho.

Feliz comezo de ano para os deportistas da Federación Galega de Vela, desexamos un Feliz Ano 2011 e que estes barcos sirvan para adestrar @s n@sos futur@s olímpic@s !!!!!!!