About Me

NICO E SERGIO ESTRÉANSE NO 49ER. MANU JIMÉNEZ AXUDA NO 1º DÍA.



Hoxe venres 19 de novembro foi o primeiro día de adestramento para Nico Rodríguez e Sergio Crespo na súa nova andadura na clase olímpica 49er, despois da acadar numerosos éxitos para a vela galega na clase 420. Manu Jiménez estivo no Centro Galego de Vela para axudar ós xóvenes promesas da vela galega nesta primeira aproximación a un barco tan técnico como o 49er.
Condicións perfectas en Vilagarcía para o estreo, mar plana e 10-12 nós de vento, Pepe Lis na neumática e Manu no barco rotándose con Nico e Sergio.
Caras de felicidade á chegada o Centro despois de experimentar as altas velocidades que acada o 49er.

BOA SORTE!!!!!