About Me

FINALIZA O 1º SEMINARIO DE ADESTRADORES 2010.

Exemplo da Técnica de Facer Banda

Onte rematou o Seminario de Adestradores de Equipos de Regata de Galicia organizado pola Federación Galega de Vela no Centro Galego de Vilagarcía. Un total de 30 adestradores de 16 clubes galegos asistiron o curso, que foi repartido en 3 xornadas. A estructura do curso foi a seguinte:
- Mércores 10 Novembro: Pautas de Adestramentos.
- Mércores 17 Novembro: Pautas de Competición.
- Mércores 24 Novembro: Técnica e Posta a Punto clases estratéxicas.

O obxetivo principal do curso foi a posta en común de pautas de adestramento ( metodoloxía, sinais visuais e fónicas, estructura de adestramentos, medios materiais ), de competición ( metodoloxía, rutinas, etc.) e técnica e posta a punto do Optimist, Laser e 420.

O curso estivo impartido polo Equipo Técnico da FGV ( Alberto García, Pepe Lis e Jaime García) coa principal misión de preparar e contrastar cos adestradores dos clubes galegos unha estratexia común á hora de adestrar ós rapaces das distintas clases.

Tódolos adestradores coincidiron en que foron unhas xornadas moi productivas que terán continuidade ó longo do ano, tocando distintos aspectos da preparación dos deportistas ( táctica, regulamento, preparación física,etc.)

Moitas gracias a todos pola boa acollida do Seminario e contamos con todos vós para seguir a liña ascendente da Vela Galega.

Saúdos.
Equipo Técnico FGV.